Inicio     
Certificados de Calidad - Expourense
GALISENIOR
Voltar   

 IMAXE, Salón de Perruquería e Estética

 Data de inicio: 06/11/2010

 Data de fin: 07/11/2010


 

IMAXE, 13º Salón da Perruquería e da Estética
 
6 e 7 de novembro de 2010
 

IMAXE E BENESTAR. As novas tendencias someten ao sector da perruquería e a estética, centrada na beleza e no coidado integral do corpo, a unha evolución constante que require, por parte do profesional, reciclaxe e formación continua.

IMAXE, Salón da Perruquería e da Estética, que cumpre xa 13 edicións, ofrécelles a todos eles a posibilidade de coñecer as últimas tendencias en produtos, servizos, equipamentos e tratamentos ofrecidos aos expositores, á vez que poden ter acceso a compradores e provedores e intercambiar información. Esta feira ofrece, polo tanto, unha excelente oportunidade de negocio, tanto para o expositor como para o visitante profesional.

O 13º Salón da Perruquería e da Estética estará dividido, do mesmo xeito que en anos anteriores, en tres áreas: Perruquería, Estética e Venda, incorporando servizos de Fitness e Wellness, sectores estes últimos que aumentaron dun xeito significativo o número de expositores nas edicións anteriores.

Pero é, sobre todo, unha cita activa e dinámica, onde non chega con observar, IMAXE invita á participación nos seus Concursos de Perruquería ou a asistir e tomar nota dos espectaculares Shows que mostran as últimas técnicas e creacións de estilistas de prestixio internacional.

IMAXE continúa sendo unha cita obrigada no noroeste peninsular para profesionais que queiran coñecer os últimos avances así como o público en xeral que poderá gozar de demostracións en vivo de estética, perruqiería, maquillaxes corporais e imaxe persoal nun evento dedicado a eles.

XORNADAS TÉCNICAS E OBRADOIROS

A actualización e a reciclaxe, aínda que presentes por calquera recuncho da feira, terán o seu propio espazo nas Xornadas Técnicas e Obradoiros co obxectivo de dar a coñecer as últimas técnicas e métodos que usan os profesionais da beleza para incrementar tamén o benestar das persoas.

 

ÁREA DE PERRUQUERÍA

  • Deseño e proxectos de salóns de perruquería
  • Mobiliario e decoración
  • Tratamento de cor
  • Utensilios e accesorios
  • Complementos
  • Posticería
  • Vestiario profesional
  • Centros formativos
  • Material audiovisual
  • Publicacións especializadas
  • Asociacións profesionais

 

ÁREA DE ESTÉTICA

  • Perfumería
  • Centros de Spa
  • Depilación
  • Utensilios e accesorios
  • Fitness
  • Tatuaxes
  • Centros de preparación especializada
  • Material audiovisual
  • Publicacións especializadas
  • Asociacións profesionais

 

ÁREA DE VENDA

  • Produtos de perruquería e estética
  • Dietética e macrobióticos
  • Accesorios de moda
  • Complementos
  • Perfumería
  • Bixutería

 

 

TAXAS

Se desexa asistir como expositor a Imaxe, consulte aquí as taxas xerais.

Se desexa participar como ANUNCIANTE no catálogo de IMAXE, pulse aquí.

 

DÍPTICO PROMOCIONAL

Para descargar o díptico promocional prema sobre a imaxe.



© Expourense 2006 Información xeral e Aviso Legal